Thursday 02 de May de 2024

As unidades móbiles de ITV de vehículos agrícolas e ciclomotores visitarán A Laracha en outubro


Pódense consultar horarios e reservar cita por teléfono ou en liña.

As unidades móbiles para realizar inspeccións técnicas de vehículos agrícolas e de ciclomotores visitarán A Laracha durante o mes de outubro para ofrecer o seu servizo aos veciños do Concello.

A de vehículos agrícolas estará os días 6, 7 e 13, mentres que a de ciclomotores soamente estará o día 21. En todos os casos instalarase na praza Olonne sur Mer, fronte á biblioteca municipal da Laracha e o IES Agra de Leborís.

As persoas interesadas poden consultar os horarios dispoñibles e reservar cita previa, que se abre 30 días antes da chegada da estación móbil. Hai dúas vías: en liña na web www.sycitv.com ou telefónica chamando ao 902 309 000.